ganga

Cousa que se obtén por un prezo moi inferior ao seu valor real

Etimoloxía

Vocábulo de orixe onomatopeico co ruído dunha ave; ao primeiro, usábase con ironía, por ser o animal difícil de cazar e, por riba, de carne dura.

Exemplos *

“...pareceume que viñamos de meternos nunha feira, polo remexido, polas pisadelas, polas aparentes gangas, pola inquietude de revolver entre as moitas prendas a monte e por quedar coa desexada polo contrincante imaxinario.” (Ricardo C. Mora: A cidade dos anxos, 2011)

“Temos uns, baixos de prezo, que son unha ganga, ¿queren velos?, unha auténtica ganga.” (Xosé Carlos Caneiro: Ébora, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.