gramar

Darlle unha segunda amasadura ao pan.

Etimoloxía

Podería proceder dunha forma carminare ‘cardar’, pero non hai certezas en canto á súa orixe.

Exemplos *

“A lamprea deuma o Picafollas por ese langrán que levas de mariñeiro. E é das boas, que seica a apañou onda a Trema. E a empanada fíxena eu. A ver se vos gusta, que gramei o pan.” (Anxo Angueira: Iria)

“Fóra do lume engádeselle un pouco de pemento doce, mestúrase todo e faise a zaragallada, mirando que quede graxa e enchoupe a masa para gramala.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.