graña

Extensión de monte baixo, sen cultivar.

Etimoloxía

Podería vir dunha forma latina *grania, formada a partir de granum –i ‘gran’.

Exemplos *

“... son aves tan fermosas que sente mágoa cando as ten mortas nas mans. Habita nas grañas e nas xunqueiras das rías ...” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)

“Os sete paxaros ceibes / â nacenza da mañán / pol-as grañas infinidas / ben os veredes voar” (Fermín Bouza Brey: Nao senlleira)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.