gume

Bordo máis afiado dun instrumento cortante.

Etimoloxía

Esta palabra procede do latín acumen (‘punta’).

Exemplos *

“A execución do Asasino precisa o sangue e a dor, a tortura, o gume do machado segando o pescozo, tras da auto-inculpación de crimes contra a Cidade, para que sexa verdadeiramente exemplarizante.” (Ramón Caride Ogando: Soños eléctricos)


“Había algo misterioso e neurótico no xeito que tiña a muller de untar a manteiga, xa que despois de estendela ao longo das torradas, trazaba unha cruz co gume do coitelo en cada unha delas, ao tempo que o home certificaba o bo facer da muller abanando a testa cun aceno de aprobación” (Alfonso Álvarez Cáccamo: Catapulta)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.