halterofilia

Deporte olímpico que consiste no levantamento de pesos.

Etimoloxía

Formouse a partir dos elementos gregos halteres, -on, denominación dun aparello utilizado polos saltadores, e philia 'afección'.

Exemplos *

"… non se querían inmiscir na privacidade brutal dos pais musculosos que practican halterofilia tanto na modalidade de dous tempos como na de arrincada …" (Xosé Luís Martínez Pereiro: As irmás bastardas da ciencia)

"Este tipo de forza depende da forza máxima, a velocidade de contracción da musculatura e a participación adecuada dos diferentes músculos que están involucrados no exercicio. Exemplos: movementos moi rápidos pero cunha resistencia que vencer moi alta: halterofilia." (Xurxo Ledo: A Nosa Terra 03-02-2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.