harmonía

Conxunto de acordes que acompañan unha melodía.

Etimoloxía

Chegou, a través do latín, desde o grego harmonia –as ‘unión, orde’.

Exemplos

“...a harmonía despregada en acordes inconcibibles, a tremenda forza dos recursos empregados e o desenvolvemento dun virtuosismo asoballador, conclúen nesta obra mestra total ...” (Antón L. Pulido: Tempos Novos 07-1997)

“Todo músico que toca un instrumento melódico debería tocar un harmónico e viceversa. A harmonía compréndese mellor se a tocas.” (Silvia Rozas García: A Nosa Terra 03-03-2005)