hemoglobina

Pigmento respiratorio de natureza proteica que se atopa nos glóbulos vermellos e se encarga de transportar osíxeno aos tecido do corpo.

Etimoloxía

Formouse pola combinación do elemento grego hemo ‘sangue’ e unha forma reducida de globulina.

Exemplos

“... a hemoglobina, a proteína encargada de transportar o osíxeno nos glóbulos vermellos do sangue, está formada por catro cadeas que suman un total de 572 aminoácidos.” (Daniel Soutullo: Os xenes e o futuro humano)

“A principal función é a desintegración dos glóbulos vermellos do sangue liberando a hemoglobina que máis tarde o fígado converte en bilirrubina.” (Elisardo Bralo Rego: Medicina natural popular e caseira, vol. II)