honestidade

Calidade de honesto (que non engana os demais nin se aproveita deles).

Etimoloxía

Creouse a partir de honesto, e este tomouse do latín honestus, -a, -um 'honorable', 'virtuoso'.

Exemplos *

"Porque dar unha opición esixe, se se quere facer con honestidade, un mínimo de documentación sobre o tema tratado, un criterio propio desde o que xulga-la cuestión e a modestia para non pretender que esa opinión esgote toda a verdade sobre o asunto." (X.M. Domínguez Prieto: O Correo Galego 19-11-2000)

"… antes de que ningunha tivese que defender a honestidade dos xornalistas norteamericanos, "que tampouco non van dicir mentiras pola tele, non?, que son profesionais, ou que?", nese xusto instante, escoitáronse os berros da nena …" (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.