hostia

Peza de pequeno tamaño, fina e redonda, feita de pan sen fermento, que o sacerdote consagra na misa, xunto co viño, para conmemorar a morte de Xesucristo

Etimoloxía

Do substantivo latino hostia, -ae ‘vítima ofrecida aos deuses’.

Exemplos *

“... quedou un istantiño coa hostia apreixada en dous dedos frente á miña boca pechada.” (Eduardo Blanco Amor: Os biosbardos, 1962)

“Mire de esguello esas nubes de onírica lentitude e atine a dexergar os contornos dunha lúa inmensa, un pandeiro, unha hostia, unha moeda de prata.” (Xabier López: Os libros prestados, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.