impermeable

Peza de roupa en forma de abrigo, feita dun tecido impermeable

Etimoloxía

Termo derivado sobre o adxectivo “permeable” que remite ao latín permeabilis, -e ‘que pode ser atravesado.

Exemplos *

“Silesio Braun, sentado nun banco do parque, cuberto cun impermeable multicolor, pensaba na súa vida e así, de súpeto, invadiuno unha estraña sensación de baleiro.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos, 1997)

“Caldas buscou o paquete de tabaco que gardaba no peto do impermeable e sostívoo entre os dedos.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.