incapacidade

Estado da persoa a quen un accidente, unha enfermidade etc., deixou impedida para traballar ou realizar determinada actividade.

Etimoloxía

Deriva de capacidade, procedente do latín capacitas –atis ‘volume dun recipiente’.

Exemplos *

“Eles fixérano sentir culpable da súa enfermidade e el aceptaba este trato cun sorriso estúpido, de resignación, e toleraba con paciencia as bromas sobre a súa incapacidade.” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

“... o comandante García semellaba un moneco roto, privado no catre, e mandaba a tropa, na súa incapacidade, aqueloutro Melchor Díaz, sarxento de artilleiros.” (Víctor F. Freixanes: A cidade dos césares)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.