inclusión

Acción e efecto de incluír

Etimoloxía

Chega directamente do latín inclusio, -onis ‘encerro’ ou ‘prisión’.

Exemplos *

“É necesario que se invista cada vez máis en mellorar a calidade de vida dos nosos maiores, non retroceder á hora de poñer todos os medios para acabar con esa lacra que se chama violencia de xénero, traballar en políticas de inclusión social, inmigrantes, atención aos menores.” (Elena González: Tempos Novos, 10-2008)

“...para que teña efectos reais e non sexa unicamente unha imaxe máis ou menos crible cara ó exterior, ese cambio non debe limitarse á inclusión da perspectiva ecolóxica ou social dentro dos parámetros de actuación empresarial.” (José Manuel Maside Sanfiz: Revista Galega de Economía, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.