indio -a

Indíxena americano.

Etimoloxía

Este substantivo deriva do topónimo India, onde crían que chegaba a expedición de Colón.

Exemplos *

“Na escola fixemos un disfrace de indios con tiras de papel de xornal.” (Berta Dávila: A arte do fracaso)

“Foto no seiscentos branco, o primeiro que comprara o pai, dille María, coas plumas de india sioux na cabeza e unha cazadora de ante con flocos …” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.