indisposición

Pequena alteración da saúde.

Etimoloxía

Formouse a partir de disposición, procedente do latín dispositio –onis ‘orde’.

Exemplos *

“Leopoldo Lamas tranquilizou á asistencia declarando que o mestre padecera un trastorno momentáneo, unha brusca indisposición, que esperaba fose pasaxeira.” (Román Raña: O crime da rúa da moeda vella)

“Se finxía unha nova indisposición, a maxistrada podería sospeitar e poñer en marcha de inmediato a intricada máquina da administración que certificaría a morte do seu home.” (Pepe Carballude: ¡Maldito D.N.I.!)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.