infección

Enfermidade ou trastorno producido polo paso de xermes ao organismo.

Etimoloxía

A súa orixe está no latín infectio –onis e remite ao verbo afficere ‘poñer de determinada maneira’.

Exemplos

“Se as herbas e as teas de araña que lle aplicou non produciron ningunha infección irreversible, pode que cheguemos a tempo.” (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa)

“... a xente fina vai ao hospital, onde se cura o amigo, onde rastrexan os médicos nas feridas abertas por se hai pegadas de infección.” (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)