inhibidor -ora

Substancia que ten a propiedade de retardar ou impedir unha reacción química, a función dun órgano ou unha actividade fisiolóxica determinada.

Etimoloxía

Deriva de inhibir, do latín inhibere ‘deter’, ‘reter’, formado sobre habere ‘ter’.

Exemplos *

“… o aluminio, ó estar ligado coa materia orgánica dificulta a súa biodegradación microbiana, e mesmo pode ter tamén un efecto inhibidor e tóxico sobre a actividade microbiolóxica do solo …” (Roxelio Pérez Moreira: Ecoloxía forestal e ordenación do bosque)

“… os insecticidas son inhibidores de moitos dos procesos bioquímicos de síntese plural que ocorren nas plantas e que son vitais para a súa saúde.” (Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.