interludio

Fragmento que se intercala entre as distintas partes dunha composición longa, dunha ópera dramática etc.

Etimoloxía

Parte da forma do latín medieval interludium, formado a partir de inter ‘entre’ e ludus ‘xogo’.

Exemplos *

“Recomendo escoitar Cadencias e Interludios/Pescurso I de Henrique X. Macías, onde o acorde integral, as estratexias das pausas e o sentimento de liberdade achégannos ó clímax entre a lectura e o son.” (Xesús Franco González: Matalote)

“Os poetas tráxicos contemporáneos de Aristóteles limitan o papel do coro a cantar interludios líricos entre os episodios ...” (Fernando González Muñoz (trad.): Poética de Aristóteles)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.