labio

Cada unha das pregaduras carnosas da vulva.

Etimoloxía

En latín era labium –ii e de aí evolucionou a nosa forma.

Exemplos *

“A mutilación que afectou ata o momento a 130 millóns de mulleres e nenas no mundo pasa por extirpa-lo clítoris ou rasura-los labios vaxinais, ata a infibulación -clítoris e labios menores extirpados, mentres que os maiores son unidos con puntos …” (O Correo Galego 25-11-2000)

“… que especies siderais, que marcianos sen cabeza, que punto G, que labios menores, que lencería, que maio do sesenta e oito, que sesenta e nove …” (Xosé Cid Cabido: Oralmente pola boca)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.