labrego, -a

Persoa que traballa o campo e vive diso.

Etimoloxía

Palabra que nace grazas ao termo do latín labor, –oris 'traballo' ou 'tarefa'.

Exemplos *

"…trócase agora nun latín festeiro, adobiado como unha moza labrega, rillote como un rapaz de cego." (Xosé Filgueira Valverde: Quintana viva)

"Eran apenas labregos que trocaron a vida cotiá en lenda perdurable e até as súas brevidades máis efémeras _canle, mazaroca, braseiro_ veñen remitidas co cariz dun sacramento." (Carmen Pereiras: Pequenos infinitos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.