laúde

Instrumento músico de corda coa caixa de resonancia en forma de media pera, que se toca punteando as cordas, que poden ser sete, trece ou vinte e unha.

Etimoloxía

Procede da forma árabe al-aud.

Exemplos *

“Fala con cadaquén na súa lingua e en latín cos frades, e toca o laúde como os anxos do ceo.” (Marilar Alexandre: Tránsito dos gramáticos)


“Repasaba os dous lombos de laúde coa esperanza de arrincarlle rosmidos deleitosos: sarabandes e gagliardas.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.