lava

Materia fundida que lanzan os volcáns a unha temperatura moi elevada e que, ao arrefriar e pasar ao estado sólido, se transforma en rocha.

Etimoloxía

A forma chegou do italiano, onde se orixinou a partir do latín labes –is ‘caída’.

Exemplos *

“As cidades romanas de Pompeia e Stabia quedaron cubertas pola lama formada pola chuvia e as cinsas ardentes do volcán, mentres que Herculano era arrasada pola lava.” (Xerardo Neira: O Correo Galego 13-11-2000)

“Lembraba como a vira agatuñar polo monte arriba e logo arrastrarse pola costa abaixo, do outro lado, engulíndoo todo, coma se fose a lava dun volcán.” (Carlos G. Reigosa: A lei das ánimas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.