lavanda

Planta da familia das labiadas da que existen varias especies, de talos leñosos, follas lanceoladas, flores en espiga, azuladas e moi aromáticas

Etimoloxía

Probablemente chega desde o italiano lavanda, nome da planta, que bebe do latín lavanda, -ae ‘auga con esencia para lavar’.

Exemplos *

“O perfume de lavanda salienta a sensación de frescor.” (María Xosé Queizán: A semellanza, 1992)

“Anxo chegou de contado, fresco, arrecendendo a lavanda, cun xersei azul que facía parecer máis morena a súa pel.” (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.