loita

Combate corpo a corpo en que, segundo as modalidades, vence o loitador que derruba, bota fóra do ring etc., o adversario.

Etimoloxía

Procede do latín lucta, -ae, do verbo luctari 'combater corpo a corpo'.

Exemplos *

"Metérano preso porque matara un home sen querer. Só por darlle un susto. Fora nunha exhibición de loita libre." (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)

"Houbo daquela varios entremeses de puro lucimento, loitas grecorromanas, concursos de rapa das bestas …" (Xosé María Gómez Vilavella: Historias intra da bisbarra)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.