mainel

Pequena ventá que se adoitaba abrir enriba das portas e tamén das ventás das casas antigas co mesmo ancho pero moito máis chata.

Etimoloxía

Considérase que chegou do francés antigo mainel, evolución do latín manualis –e ‘da man’ ou ‘que se pode coller coa man’.

Exemplos *

“Todos os cuartos tiñan un pequeno mainel por riba da porta, de tal maneira que abondaba botar unha ollada ao corredor para saber quen non conciliara aínda o sono.” (Alberto Canal: Conexión Tubinga)

“... a fiestra é alta e clara e nobre, coas súas ucheiras ben labradas e o seu mainel en ferradura ...” (Darío Xohán Cabana: Morte de rei)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.