maneo

Baile popular típico dalgunhas comarcas galegas e música e canto que acompañan este baile.

Etimoloxía

Apúntase que se trate dun derivado de man, do latín manus, -us.

Exemplos *

“Entón quixen namorarme en Camariñas daquela moza morena que vin pasar pola praia descalza de pé e perna, ruborizándose ata o talle, cando a seguiu un amigo cantándolle a enxebre copla de maneo …” (Laureano Álvarez Martínez: “Prólogo” de Camariñas terra de palilleiras)

“No Maneo a primeira voz é a de Sonia e a segunda a de Susana.” (Miguel Anxo Seixas: O Correo Galego 17-05-1999)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.