marmita

Pota de metal con asas e tapadeira axustada.

Etimoloxía

Procede da forma francesa marmite.

Exemplos

Frases como "Toda a Galia está ocupada, toda? Non...", "Sabes que caíches na marmita cando eras pequeno...", [...] é un recurso do gran humor, pero só funciona cando se consigue crear un universo propio. O fabuloso universo de Asterix...” (A Nosa Terra 29-01-2009)

“En Cuba non miden a auga exactamente, mais apenas notan que se separan os grans, inclinan a marmita e escorren o líquido sobrante.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)