matachín

Home que mata e despeza as reses e, sobre todo, os porcos

Etimoloxía

Palabra de orixe discutida.

Exemplos *

“Despois estivo descargando camións de froita e peixe e traballou de matachín no matadoiro municipal.” (Jaureguizar: Comendo espaguetis diante da televisión, 1998)

“Este matachín que che eu digo fai que o porco berre o xusto, que sangue o xusto.” (Bieito Iglesias Araúxo: A vida apoteósica. 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.