matanza

Operación de matar o porco, partilo, preparar os embutidos etc

Etimoloxía

Palabra derivada mediante o sufixo formador de substantivos  –anza sobre o verbo“matar”, que podería vir dun termo do latín vulgar *mattare ‘golpear, abater’ ou do clásico mactare ‘sacrificar’.

Exemplos *

“Pois tamén recordarás a que se armaba cando a matanza do porco.” (Vicente Araguas: A canción do verán, 2001)

“A matanza dos porcos érache unha festa.” (Ricardo C. Mora: Prosas inmaculadas, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.