medo

Sentimento de inquietude que se experimenta ante a presenza, real ou imaxinaria, dun perigo.

Etimoloxía

Tomámolo da denominación que tiña en latín, metus –us.

Exemplos *

“Pensei: “Escapo para a casa e xa está”. Pero collín medo. Ademais ía calor e na casa no verán non se para coas moscas” (Carlos Casares: Vento ferido)

“De repente entroulle un medo raro no corpo. Púxoselle a pel de galiña. Secóuselle a boca. Baixou as escaleiras de tres en tres.” (Carlos Casares: Vento ferido)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.