medorento -a

Que sente medo con frecuencia, aínda que non haxa perigo real

Etimoloxía

Palabra creada sobre medo que vén do vocábulo latino metus, -us ‘temor, ansiedade’.

Exemplos *

“Marco, gato medorento, chegou por fin á porta.” (Francisco Castro: O segredo de Marco Polo, 2010)

“Agora, medorenta, chora.” (Ricardo X. Losada: O xene da chuvia, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.