melodía

Sucesión de sons nunha composición musical que destacan do acompañamento.

Etimoloxía

Parte do grego melodia –as ‘canto’, que pasara ao latín.

Exemplos *

“... as seis longas composicións que integran o disco seguen a pegada herdada doutros compositores consagrados, caracterizadas por un certo estilo xa asentado; ora seguindo o compás condicionante do ritmo, ou ben acougando na elaborada e mesmo lírica melodía.” (X. M. Estévez: A Nosa Terra 09-01-2009)

"Con Pepe é fácil, pola maneira particular de tocar e a súa sólida base no instrumento principal que leva a melodía. Se en calquera grupo non hai un membro que domina e tocou no ámbito da música tradicional máis pura é imposíbel que iso pase.” (Carme Vidal: A Nosa Terra 20-02-2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.