mexanacama

Persoa que ten medo, que non ten valor para enfrontarse a un perigo ou a algo que o require

Etimoloxía

Palabra composta mediante a lexicalización da frase “mexa na cama”, sobre “mexar” (meiare en latín) e “cama”, idéntico no latín tardío.

Exemplos *

“As follas do patín, nin moverse e o Petigrí pousado coma un queixo no cobertor da plancha, ocurrencias da vella, vamos, nin que non soupera o mexanacama que é, ¡contra!” (Xohana Torres: Adiós María¸1971)

“Pois tampouco che aquece vir miañar onda min como un mexanacama.” (Bieito Iglesias: A historia escríbese de noite, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.