moa

Pedra en forma de roda, colocada sobre un soporte, que se utiliza para afiar coitelos, fouciños etc., facéndoa xirar.

Etimoloxía

Procede da forma latina mola (‘moa do muíño’).

Exemplos *

“Eu botáballe auga á moa de cando en vez. Ó dar voltas, a condenada chapuzábame todo polo pantalón e os coreanos novos que tiña. Di ti que, eu non me decataba moito, ou nada, porque estaba todo atento á auga que levantaba o coitelo ó facer firme na moa.” (J.L. Granda Muíño: Cerdido: lingua e outras realidades)


“…vai pousando a mirada en cada cousa que agora amosa o esquezo, sen poder atallar a barafunda do corazón…, a moa grande para afiar a ferramenta da labranza e onde eles aguzaban as navalliñas, a fornalleira ainda con restos de cinza”. (Lois Diéguez: A canción do vagamundo)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.