moedeiro

Pequena bolsa ou carteira onde se gardan as moedas.

Etimoloxía

Deriva de moeda, chegado desde o latín moneta –ae, sobrenome da deusa romana Xuno, xa que no seu templo estaba instalada a súa fábrica de moeda.

Exemplos *

“A nota necrolóxica aparecera nos periódicos do día e andou durante algún tempo no moedeiro do meu pai, que se valía dela para lle dar máis forza ao conto.” (Antón Riveiro Coello: Casas baratas)

“… a muller explicou, avergoñada, que polo visto esquecera o moedeiro, que lle deixaba a carne alí mentres ía buscar o seu marido que debía andar cerca.” (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.