monte

Elevación importante do terreo.

Etimoloxía

A súa orixe está na denominación que tiña en latín, mons –ntis.

Exemplos *

“Ó lonxe adiviñábase, mellor que verse, a enorme rocha do monte Pindo, un sinal das forzas do interior da Terra, que botan fóra un coágulo de pedra e non admiten sequera que as forzas do exterior o cubran de verde ou de lama.” (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas)

“Nesta subida á serra pasamos ao pé das ruínas do castelo de Carbedo, punto desde o que temos en fronte o monte Formigueiros, o cume máis alto da serra, e, nas súas abas, a máis ampla fraga do Courel, a Devesa de Rogueira.” (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta: Sermos Galiza 30-11-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.