morbilidade

Proporción entre o número de enfermos e o de persoas no seo dunha poboación determinada e por un período de tempo tamén determinado.

Etimoloxía

Esta forma remite ao latín morbus –i ‘enfermidade’.

Exemplos

“... a medicina debe tomar conciencia de que a súa razón de ser non se esgota en controla-los procesos de morbilidade física, ten que preocuparse tamén das enfermidades da alma ...” (Marcial Gondar Portasany: “Relación terapéutica e conflicto de intereses na saúde mental. Estratexias de xestión” en Medicina popular e antropoloxía da saúde)

“...chegou a traída de auga, provista dun filtro, na primeira década do século XX, e axiña se rexistrou un apreciable descenso nas taxas de morbilidade e mortalidade.” (Xavier Castro: Servir era o pan do demo)