movemento

Parte dunha peza musical.

Etimoloxía

Deriva de mover, do verbo latino movere.

Exemplos *

“O silencio impúñase na sala ata que remataba o primeiro movemento. Daquela, os sons dos instrumentos musicais eran substituídos polas toses. Unha sinfonía de carraspeiras de distintos tons, graves, agudas, afónicas, cacarexaban ao mesmo tempo por todo o teatro.” (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

“A cerimonia empezou con chuvia coa interpretación do segundo movemento da sinfonía Inacabada de Schubert a cargo da orquestra da Staatskapelle de Weimar.” (O Correo Galego 04-05-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.