muíño

Aparello para moer ou para triturar certos produtos, como cereais, olivas, cana de azucre etc.

Etimoloxía

Vén do latín tardío molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa'.

Exemplos *

"… don Quixote vai dacabalo polo campo de Montiel e confundindo os muíños con desaforados xigantes entra con eles en fera e desigual batalla, tal que acaba deitado por terra, todo esmangoletado, que un muíño é muíño, e se un o confunde pode roer a túa alma …" (Marilar Aleixandre: Airadas de palabras)

"Tende a ser xente case sempre vella, xeralmente cunha grande forza de carácter, que se resiste a aceptar a máis mínima innovación […] Non son precisas moi profundas disquisicións para decatármonos do parecido da escena coa de Don Quixote en loita con seus muíños." (Marcial Gondar Portasany: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e o nós-outros)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.