muleta

Bastón alto cunha barra perpendicular a media altura do corpo, sobre a que se apoia a man, e que pode ter outra para apoiar a axila ou ben a parte posterior do brazo.

Etimoloxía

Crese que deriva de mula, do latín mulus -i.

Exemplos *

“Dá mágoa ollar para un doncel tan belido, e saber que en adiante só poderá erguerse sobre unha muleta.” (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)

“Un coxo con muletas camiñaba aos saltos, dirixindo o rezo do rosario na parte de atrás, recitando a berros as avemarías.” (Carlos Casares: Ilustrísima)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.