musical

Espectáculo de teatro ou cine no que moitas das escenas se representan con música e baile.

Etimoloxía

É un derivado de música, que remite ao grego mousikos –e –on.

Exemplos *

“Concluído o musical e antes do correspondente episodio do telefilme pasaban aínda un informativo ...” (Xosé Ramón Pena: A era de Acuario)

“En Londres conseguimos entradas para Os miserables e os musicais Cats e The Rocke Horror Show completan unha fin de semana deliciosa.” (Xosé Antonio Perozo: Martázul)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.