nailon

Fibra téxtil sintética moi resistente.

Etimoloxía

Esta é a forma coa que adaptamos o inglés nylon, voz inventada cando se creou o tecido, para a que existen distintas interpretacións, como que se trata da combinación das iniciais das cidades de Nova York e Londres.

Exemplos *

"Fío groso, cordel ou nailon, onde a palilleira enfía os palillos con movementos de arriba abaixo e viceversa." (Xosé Luís Blanco Campaña: Camariñas terra de palilleiras)

"Leva unhas medias, coido que de nailon, preciosas, por non falar do que hai dentro." (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.