necrolóxica

Notificación sobre a morte dunha persoa, especialmente a que se publica nos xornais.

Etimoloxía

O elemento necro (do grego nekrós ‘morto’) entrou a formar parte de diferentes palabras co sentido de ‘morte’ ou ‘morto’. Así se orixinou necroloxía e, partindo dela, necrolóxica.

Exemplos *

“Herbal colleu o lapis de carpinteiro e debuxou unha cruz no branco da necrolóxica do xornal, dous trazos bastos como feitos a buril en pedra de laxe.” (Manuel Rivas: O lapis do carpinteiro)


“… tomou cumprida vinganza con aquela outra necrolóxica asinada con "os teus amigos non te esquecerán" e encabezada cun poemiña que eu, que non entendo moito penso que non estaba nada mal.” (Vicente Araguas: A canción do verán)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.