ouriceira

Montón de ourizos que se poñen a secar para que solten as castañas con facilidade.

Etimoloxía

Derivado de 'ourizo' (do latín ericiu) engadindo o sufixo -eira.

Exemplos *

“…despois, ó que éstre-las cortes, cólle-lo anciño e debullas unhas poucas castañas na ouriceira, que xa non queda ningunha no celeiro.” (Manuel Anxo Laxe Freire: Loita e morte)
           

“As ouriceiras xa regañadas choraran as degrañas esparexidas polos soutos.” (Xosé Estévez: A lagoa da memoria)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.