país

Territorio habitado por unha colectividade que constitúe unha realidade xeográfica e política concreta.

Etimoloxía

Chegou desde o francés pays, procedente do latín pagus, -i ‘aldea, distrito’.

Exemplos *

“¡Oh, terra de Galicia, país de meu, berce da miña estirpe, cemiterio dos meus irmáns, escoitade xente toda!” (María Xosé Queizán: Antígona, a forza do sangue)

“Teodomiro, o primeiro rei católico de Galicia, foi quen dividira axeitadamente o país no Concilio de Lugo do año 569, adiantándose en máis de cen anos á división parroquial que fixeran os godos do seu reino.” (Xoán Bernárdez Vilar: Un home de Vilameán. Anatomía dunha revolución)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.