palma

Parte interior da man, desde o pulso ata os dedos.

Etimoloxía

Esta forma procede da denominación idéntica que tiña no latín, palma –ae.

Exemplos

“A man de Dora, coa palma cara arriba, pídelle ao técnico de son que vaia subindo o volume da música.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado)

“Fixen rabiar a unha formiga. Corría sobre a palma da man e, cando chegaba ao final, xa estaba aí a outra man e logo a anterior de novo. Ela pensaría que era sempre a mesma ou que eran vinte diferentes, sendo como eran só as miñas dúas mans.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome)