pan

Alimento feito dunha masa de fariña, auga, sal e lévedo, que fermenta e coce no forno e pode ter diversas formas

Etimoloxía

Do seu nome en latín panis, -is

Exemplos *

“Eu non soupen de ninguén que rosmase tanto como a señora Fermina do pan.” (Eduardo Blanco Amor: Os biosbardos, 1962)

“Juanjo Millás escribiu que "desde que o mundo é mundo, mentres uns amasan o pan que comemos pola mañá, outros tecen as historias que devoramos pola noite.” (Agustín Fernández Paz en Sermos Galiza, 13-07-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.