pandar

Levar a parte negativa do xogo nalgúns xogos infantís, como ter que coller ou buscar aos outros xogadores.

Etimoloxía

Formouse a partir de 'pando', que provén do latín pandus, ‘torto’.

Exemplos *

“O xogo consistía en iren desfilando dun en un e bicando ao que pandaba que tiña que averiguar quen era o autor do bico.” (Mª Xosé Queizán: A semellanza)


“O xogo das palmas era así; o que pandaba metía a cabeza no regazo da «nai», e tapábanlla ben cun mandil.” (Xosé Lesta Meis: Estebo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.