pándega

Diversión buliciosa en que participa un grupo de persoas

Etimoloxía

Crese que podería proceder do termo latino pantice ‘panza’.

Exemplos *

“¿Que hai, Pintiño, andamos de pándega, non si? Aquí hai un amigo meu e doutros máis importantes ca min que che quere preguntar unha cousa.” (Darío Xohán Cabana: O cervo na torre, 1994)

“Para rematar a pándega, con educación, limpou as pingas do viño tinto dos beizos coa manga da camisa.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.