pandeira

Instrumento de percusión semellante ao pandeiro, pero máis pequeno.

Etimoloxía

Provén dunha forma pandorius do latín tardío, variante da forma pandura, tomadas do grego.

Exemplos *

“Débese mencionar tamén a «pandeira» ou «pandeiro redondo» que tén forma de pandeireta pero carece de ferreñas. Tocábana as pandeireteiras cando cantaban ou acompañaban a danza.” (Ana Sánchez Brunete e Enrique Montero Torreiro: Os instrumentos da música popular)


“Os carnochos a bailar ao son da pandeira, ao son do pulso da terra. No medio da pandeirada voltou a luz aos amplis, e os carnochos arroutados armaron a festa total.” (Xurxo Souto: Fumareu)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.