Cortina que nun teatro separa o escenario dos espectadores.
Etimoloxía
Chegou desde o latín pannus –i ‘farrapo’.
Exemplos *
“Saen polo fondo, mentres cae a luz ou baixa o pano sobre o cadáver do Tío Sam e a praza baleira” (Roberto Vidal Bolaño: Saxo tenor)
“Érguese o pano e aparece unha porta de aluminio pechada, na parede un cartel electoral que pide o voto, unha vella mirradiña, traspasada pola dor ...” (Marga Romero: A Nosa Terra 15-03-2007)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.